Patronal e sindicatos séntanse a negociar o convenio do Comercio
Por Oskar Viéitez
Patronal e sindicatos víronse hoxe as caras para iniciar a negociación do convenio colectivo do comercio minorista da provincia de Pontevedra.
Dun lado, os delegados sindicais de CIG, UGT e CC.OO e en fronte representantes da patronal que integran, entre outros, as principais cadeas de alimentación como Froiz, Gadis ou Moldes.
En todo caso a alimentación é só unha parte da mesma, con 15.000 empregados. No seu conxunto este sector aglutina na provincia entre 35.000 e 40.000 traballadores.
O encontro celebrado na sé da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), en Vigo, só serviu para constituír a mesa de negociación polo que se resolveu rápido. Volveran a reunirse en xaneiro trala campaña navideña.