Un peón ferido mentres cruzaba un paso de peóns en Sanxenxo
Por Redacción
Un home de 67 anos tivo que ser trasladado ao hospital Domínguez de Pontevedra tras sufrir un atropelo no centro de Sanxenxo na mañá deste mércores.
Segundo informou a Policía Local, o ferido é o veciño de Madrid J.L.L.B., que foi atropelado por un vehículo cando cruzaba un paso de peóns na intersección da avenida de León con Miraflores.
O home atravesaba a calzada polo espazo habilitado para iso cando o veciño de Cambados S.S.S., de 21 anos, realizaba un cambio de dirección co Citroën C2 que conducía e o arrastrou.
Como consecuencia do impacto, sufriu diversas feridas polo que tivo que ser trasladado nunha ambulancia do 061 ao hospital Domínguez.