15.000 euros de investimento nas melloras do Colexio de Espedregada
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras de mellora que se acometen no Colexio de Educación Primaria de Espedregada para analizar co alcalde de Poio, Luciano Sobral, co xefe territorial de Cultura, César Pérez, e o voceiro do PP en Poio, Ángel Moldes, as necesidades deste centro escolar.
No CEP de Espedregada investíronse, segundo o delegado territorial, 15.000 euros este ano. Os traballos céntranse en melloras nos sanitarios, portas, persianas e ventás do edificio.
Durante os últimos anos, segundo Cores Tourís, se realizaron obras neste centro por un valor de case 100.000 euros, coa reforma da instalación de fontanaría, a instalación dun depósito de combustible de calefacción e a reposición da cuberta, cuxo presuposto ascendeu 60.000 euros.
Dende a Xunta indican que a administración autonómica leva investidos nos centros educativos do municipio de Poio máis de 473.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén visitou o concello de Cambados para analizar co alcalde do municipio, Luis Aragunde, as obras de mellora da instalación eléctrica que se están a realizar no IES Ramón Cabanillas e para dar a coñecer o inicio das obras na cuberta do CEIP Antonio Magariños.