"Esta noite centolas!"
Por Oskar Viéitez
"Esta noite centolas! ", así con bo humor, arrincaba a súa quenda de protesta o secretario de CIG.Mar, Xabier Aboi, que estará 48 horas sen comer.
"Aboi deberías estar quince días!", dille o secretario comarcal da central nacionalista, Rafael Iglesias.
Este xaxún rotatorio reclama que se suspenda a condena de tres anos e un día por coaccións durante a folga da alimentación do 2009 aos sindicalistas, Carlos Búa, responsable da Federación de Servizos de CC.OO.; Carlos Cadórniga, voceiro de CIG- Servizos, e Carlos Froján, delegado de persoal no sindicato nacionalista
"Esta presión está a funcionar, e ainda que hai determinadas censuras como a dá televisión pública, eu creo que a reacción dá cidadanía e boa, páranse centos e centos de cidadáns e preguntan. Ou nos movemos ou nos levan por diante", afirmou.
"A Xustiza, a xudicatura, os partidos políticos do réximen, están que nos levan a un camiño de recorte, recorte, e máis recorte, e a xente non temos dereito nin opinar e se che mobilizas métenche unhas condenas que futuros estannos deixando? ", dixo Aboi.
A movilización alargarase ata o próximo 15 de decembro.
Aboi só participará nunha quenda de 48 horas.