Pontevedra, invadida polos "naranjitos"
Por Anxo Lourido
O centro de Pontevedra amenceu de cor laranxa con camisetas que cubrían as principais esculturas e globos alaranxados adornando as prazas da cidade. Esta iniciativa forma parte dunha campaña entre a Fundación Meniños e alumnos de Comunicación solidaria da Facultade de Publicidade e Relacións Públicas tras declarar a Pontevedra como primeira cidade solidaria coa infancia.
Esta campaña está enmarcada dentro da programación de celebración do Día internacional dos dereitos do neno, xornada que se desenvolveu o pasado 20 de novembro.
O Alcalde participou nun acto na Praza de Méndez Núñez que hoxe cambiou o seu nome polo de Praza de Dereitos da Infancia. O mesmo sucedeu noutras sete prazas máis que modificaron o seu nome para facer referencia aos nenos. Neste ámbito, Miguel Fernández Lores recibiu o distintivo que a Fundación Meniños dedica a Pontevedra como cidade solidaria coa infancia. Alí, a directora xeral da Fundación, Mónica Permuy, apuntou que esta iniciativa permite "hacer visible lo que hacemos es parte de nuestra tarea. Nos gustaría seguir declarando ciudades solidarias como Pontevedra". En este sentido señaló que "es una de las primeras ciudades que entendió que tenía que haber un programa de atención a familias y a niños en dificultad social e invitó a Meniños a realizar este trabajo. Trabajamos con familias que están viviendo graves crisis y eso provoca que los niños se coloquen en riesgo de desprotección. Nuestro trabajo es aportar a esas familias cuidados e intervenciones para que sepan restaurar sus condiciones protectoras y sepan cubrir las necesidades de ese niño".
Actualmente hai 80 nenos e 50 familias atendidas no programa desta Fundación que leva oito anos traballando na cidade. A directora alerta de que a cifra de familias con dificultades aumenta cada ano. Mónica Permuy afirma que "trabajamos mucho con adolescentes. Uno de los mecanismo es la Red Educativa de institutos y colegios. Allí es donde se detectan las dificultades. Pero la ciudad debe caracterizarse por activar recursos y para detectar todo tipo de casos. En ese sentido, me encantaría que en otros concellos copiaran la Rede Axuda de Pontevedra".
Raúl Constela, coordinador da campaña e alumno de Comunicación solidaria indicou que escolleran esta fundación porque se coñece moi pouco a súa función en Pontevedra "que es una ciudad en donde ninguna familia con niños queda desatendida. Y por eso decidimos dar notoriedad a esta Fundación".