Ten unha pregunta para Lores? O PP local monta unha oficina para trasladarlla
Por Redacción
O Partido Popular de Pontevedra puxo en marcha unha oficina de atención ao cidadán, unha canle, que ten como obxectivo que os veciños que teñan preguntas para o alcalde do Pontevedra poidan trasladalas a través do PP durante os plenos.
Trátase dun dos compromisos que Jacobo Moreira adquirira durante o congreso local no que saíu elixido presidente da formación na cidade.
Para presentar a pregunta, os interesados deberán cubrir unha solicitude formal na que incluirán unha breve explicación do caso que queren trasladar. Os populares analizarán despois o asunto por se se dispón de datos ou de información abondo para responder directamente a esa petición. Se a agrupación política carece desa información, o tema será trasladado ao alcalde no seguinte pleno da corporación.
Os veciños que estean interesados poden solicitar o seu formulario na sede do PP nas Galerías da Oliva número 4, entresollado.
Os populares teñen previsto presentar preguntas no próximo pleno do mes de setembro.