O aparcadoiro de Montero Ríos recupera a normalidade
Por Redacción
Dende este venres, 20 días despois de que o incendio dun vehículo no seu interior obrigase ao seu desaloxo e posterior peche, o aparcadoiro de Montero Ríos recuperou a normalidade.
A empresa Empark anunciou a apertura do aparcadoiro sen restricións para os usuarios, e só permanece pechada a zona na que se rexistrou o incendio.
Aínda que inicialmente a apertura se fixou para só uns días despois do incidente, a gravidade dos danos foi maior da prevista, o que obrigou a ir atrasando a data ata este venres día 22 de agosto.
Dende o sábado 9, unha semana despois do incendio, só podían acceder ás instalacións os residentes ou subscritores que posúen unha praza fixa de aparcadoiro.
Relacionadas:
-
Un detido polo incendio intencionado do aparcadoiro de Montero Ríos
Por Redacción |
-
O aparcadoiro Alameda permite o acceso a residentes e subscritores pero atrasa uns días máis a súa apertura
Por Redacción |
-
O aparcadoiro de Montero Ríos non abrirá ata a próxima semana
Por Alejandro Espiño |
-
Duro enfrontamento entre PP e goberno municipal polo incendio do parking de Montero Ríos
Por Alejandro Espiño |
-
O parking de Montero Ríos seguirá pechado uns días para arranxar os estragos do incendio
Por Alejandro Espiño |
-
Desaloxan o parking de Montero Ríos e Praza de España tras incendiarse un coche no seu interior
Por Alejandro Espiño |