Atopan un exemplar de avenoiteira cincenta cunha á rota e o entregan ao centro do Lago Castiñeiras
Por Redacción
O concelleiro socialista da Lama, Enrique Vaqueiro, encontraba nas últimas horas un exemplar de avenoiteira cincenta (caprimulgidae) cunha á danada e situada sobre a estrada na aldea de Pigarzos no concello da Lama. O concelleiro púxose en contacto co Seprona para que atendesen ao animal ferido e dous técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre recollérona para trasladala ao espazo que se encontra no Lago de Castiñeiras para tratar estes casos.
Unha avenoiteira cincenta é unha das aves características das Rías Baixas e que se encontra ameazada pola degradación do hábitat, polos incendios forestais e pola utilización de praguicidas. Ademais, tal e como sucedeu neste caso, trátase dun tipo de paxaro que sofre numerosos atropelos xa que ten por costume asentarse nas estradas que atravesan os montes.
Trátase dunha ave de hábitos nocturnos e resulta complicado vela polo colorido agrisado da súa plumaxe.