Homenaxe aos socios de honra no Liceo Casino
Por Redacción
125 persoas participaron no xantar-homenaxe que o Liceo Casino de Pontevedra realizou os socios de honra desta entidade. Durante o acto que se celebrou nas instalacións do Parque de Verán na Caeira impúxose a insignia de ouro e fíxose entrega do diploma da sociedade aos socios que durante este ano alcanzaron esta categoria dentro da institución.
Neste 2014, os socios que lograron o distintivo son Pedro Juan Arbolí Albarracín, Agustín Bethencourt López, José Fernando González Fernández, Justino Guerra Arroyo, Jesús Ríos Casal e Carlos Rivas Gago. Todos eles recibiron a felicitación do presidente do Liceo Casino, Jaime Olmedo, agás Pedro Juan Arbolí que se escusou por non poder acudir á cita. Como voceiro dos homenaxeados erixiuse Justino Guerra.
O presidente da entidade salientou que grazas a estes socios o Liceo Casino segue sendo un referente entre a sociedade pontevedresa.