Desmantelan unha plantación con 60 plantas de marihuana nun galpón de Lérez
Por Redacción
Nun galpón de Lérez había ata este xoves unha completa plantación de marihuana, na que había 60 plantas e tubos de ventilación, termómetros, ventiladores, filtros industriais ou equipos de iluminación e calor para garantir o seu crecemento. Conseguiu ser desmantelado pola Policía Nacional na coñecida como operción Escalo, na que foi detido un mozo pontevedrés.
O mozo, de 27 anos, veciño de Pontevedra e con antecedentes policiais por tráfico de drogas, está considerado o responsable da plantación. Atribúeselle a autoría dun delito contra a saúde pública por cultivo de marihuana.
A investigación comezou a principios de xullo a raíz dunha serie de informacións recibidas na Comisaría sobre un mozo de Pontevedra que se dedicaba ao cultivo de marihuana nun galpón oculto na zona de Lérez.
As informacións foron reducidas, pero os axentes da Comisaría realizaron intensas xestións e lograron localizar o galpón. Unha vez que coñeceron a súa situación, establecéronse vixilancias no lugar para tratar de comprobar a implicación dos encargados do seu cultivo.
As vixilancias e seguimentos foron especialmente difíciles polo solitario do lugar e porque o galpón no que se encontraba a plantación estaba totalmente pechado, mesmo as súas fiestras, ao obxecto de que dende o exterior non se puidese observar a plantación que albergaba.
Unha vez solicitadas as probas oportunas, na mañá do mércores 20 de agosto estableceuse dispositivo de vixilancia que concluíu coa detención do resonsable. Dentro do galpón localizáronse 60 plantas de marihuana que, unha vez cortadas polo talo, pesaban 4.240 gramos e todos os útiles necesarios para o seu cultivo, tales como tubos de ventilación, termómetros, ventiladores, filtros industriais, temporizadores, transformadores, equipos de iluminación e calor, garrafas e fertilizantes.