Ferido ao envorcar a súa furgoneta na AP-9 en Caldas
Por Redacción
Un home resultou ferido este martes ao verse implicado nun accidente de tráfico na autopistas AP-9 ao seu paso por Caldas de Reis. Circulaba nunha furgoneta cando, por motivos que se descoñecen, saiuse da vía e envorcou.
A furgoneta sinestrada circulaba pola AP-9 en dirección a Santiago cando se saiu da vía á altura do punto quilométrico 105. A consecuencia do siniestro, o ferido tivo que ser evacuado polos servizos médicos e trasladado a un centro hospitalario de Santiago de Compostela.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112, a alerta deuna un particular pasadas as 20.00 horas e, logo de recibila, deuse aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros da Mancomunidade do Salnés.
Nun primeiro momento pensouse que había que excarcerar ao condutor, pero finalmente non foi necesrio. Os Bombeiros si que colaboraron nas tarefas de retirada da furgoneta sinistrada.
No dispositivo participaron, ademais, a Garda Civil de Tráfico, efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga e de Protección Civil de Caldas.