Falece un motorista de 32 anos nun accidente de tráfico en Bueu
Por Redacción
Un home de 32 anos veciño de Moaña, J.A.R., falecía na tarde deste martes 19 de agosto na parroquia de Cela, en Bueu, tras sufrir un accidente de tráfico cando circulaba nunha motocicleta en dirección ao seu domicilio.
O vehículo, unha motocicleta Yamaha XV 535, saiuse da vía pola marxe dereita na EP-1304 á altura do lugar de Igrexario por causas aínda por determinar. Posteriormente, chocou contra o gardarraíl e o seu condutor acabou falecendo como consecuencia da colisión.
O Servizo de Emerxencias do 112 recibía a alarma ás 20:34 horas e enviaba ata a zona unha ambulancia asistencial do 061 e persoal sanitario do PAC de BUEU sen que puidesen chegar a socorrer a vítima, segundo informou Urxencias Médicas de Galicia.
Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, que tiveron que regular o tráfico rodado.