O PP pide que Lores afirme publicamente que o Goberno local financia as corridas de touros
Por Anxo Lourido
O concelleiro do Partido Popular, César Abal, reclamou que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recoñeza publicamente que o Goberno local está a financiar as corridas de touros na Praza de San Roque.
O concelleiro popular referiuse ao convenio de 2001 no que se indicaba expresamente que se outorgaban, como subvención, 6 millóns de pesetas para a celebración de tres espectáculos taurinos e un festival cómico-taurino na Praza de Touros e afirmou que o resto de convenios ata a actualidade manteñen esta mesma intención "enmascarándoo coa utilización do recinto para outros eventos. Os populares entenden que o acordo coa empresa taurina debe manterse pero queren que Lores saia da "incongruencia de este discurso y de la indefinición" e que diga "claramente que financia los toros, que es lo que realmente están haciendo".
Para os populares, as Festas deste ano serán recordadas pola controversia do concerto de Sociedade Alkohólica e por incluír un acto político do BNG dentro do programa das Festas a través do concerto de Sés, que aparecía recollido na publicidade dos actos do Día de Galiza Mártir programados polo Bloque. "El gobierno de Lores ha tenido el descaro de incluir este concierto diseñado por y para el Bloque dentro de nuestras Fiestas de la Peregrina. Y no es la primera vez que esto sucede, en 16 años de gobierno da para confundir lo que es el Concello de Pontevedra y lo que es el partido político. Lo hemos visto en casos como la reunión con Vence o como con las pancartas que utiliza en el balcón de la Casa Consistorial", asegurou César Abal.
Lamentou, ademais, que houbese espazos baleiros de postos na Alameda e a mala imaxe dada polo incendio no aparcadoiro de Montero Ríos no inicio das festas.
Relacionadas:
-
Propoñen unha consulta cidadá entre os pontevedreses sobre o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |
-
Os abolicionistas piden a César Abal que pregunte polas axudas da Deputación á festa taurina
Por Redacción |
-
César Abal critica o "nacionalismo aburguesado" do BNG por non acudir ao acto cívico de Bóveda
Por Anxo Lourido |
-
Carme da Silva: "Dá a impresión de que César Abal e o Partido Popular son herdeiros da tradición franquista"
Por Anxo Lourido |
-
O Goberno local afirma que "está analizando con calma" o convenio da Praza de Touros
Por Redacción |
-
A Ferrería vibra con Sés nun concerto por "todos os que seguen loitando polos nosos dereitos"
Por Natalia Puga |