14 rapazas preséntanse en sociedade na tradicional posta de largo do Liceo Casino
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra celebrou durante a noite do sábado o Baile da Peregrina, nas instalacións do parque de verán da sociedade, na Caeira.
Tras a cea de gala chegou a quenda de cumprir a tradición da posta de largo ante a atenta mirada de socios e convidados ao evento.
Nesta ocasión foron 14 as rapazas presentadas en sociedade. Todas elas, tras ser chamadas unha a unha, accederon á pista para protagonizar o seu baile de debut xunto aos seus padriños.
As protagonistas da noite foron: Silvia Corrochano Ponte, Alejandra Gómez Villanueva, Marta Iribarren García, Candela Janeiro Catoira, Ana Mato Millán, Carmen Názara Besada, María Mercedes Olmedo González, Candela Otero Loira, Elena Pardo Rubio, Pilar Pardo Rubio, María ÿlida Portabales Tomé, Alejandra Portas Murillo, Lucía Rubio Arbolí e Sira Villegas Ponte.
Todas elas debutaron da man do seu padriño, que respectivamente foron: José Ramón Corrochano Santos, Jesús Gómez Viñas, Tomás Iribarren Fernández-Rogina, Antonio Janeiro Ramos, José Mato Posse, Ramón Francisco Názara Otero, Fernando Olmedo Castañeda, José Martín Gómez Otero, Carlos Pardo Belda, Evangelino Rubio Gómez, Alfonso Portabales Macías, Serafín Portas Martínez, Vicente Rubio Bolívar e Salvador Ponte Salom.
Unha vez concluída a presentación en sociedade, os asistentes puideron gozar do Baile da Peregrina ata altas horas da madrugada.