Os traballadores da Sanidade pública de loito polos recortes
Por Oskar Viéitez
A xunta de persoal do Área sanitaria Norte de Pontevedra iniciou unha campaña informativa nos dous hospitais da cidade e nos centros de saúde contra os recortes na sanidade pública.
A iniciativa inclúe o reparto lazos negros "porque estamos de loito", explica a presidenta da xunta de persoal, Carmen Revenga que hoxe participaba nunha mesa informativa instalada na praza de Peregrínaa "para concienciar aos usuarios da sanidade pública".
Aseguran que existe unha perda de calidade asistencial por falta de contratación, unha redución do orzamento da sanidade pública, o copago farmacéutico, a falta de transparencia nas listas de espera tanto quirúrgicas como de consultas.
Ademais do "intento de privatización en determinados procesos como o copago de prótesis ou o traslado en ambulancias", sinalou Revenga. E finalmente a paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria e o estancamento do plan de saúde mental.