Críticas do PP local á construción de piscinas e pistas de pádel na Parda por ser deportes "minoritarios"
Por Diego Espiño
Os plans do Concello de Pontevedra para o paralizado Centro Lúdico Deportivo da Parda provocou de novo as críticas do Partido Popular na cidade.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación César Abal e Tomás Abeigón, este último na súa primeira aparición como membro da executiva local, ratificaron a súa oposición á modificación do proxecto inicial e á vinculación coa concesión das piscinas de Campolongo.
Os populares entenden que isto supón unha "privatización" das instalacións e acusan o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, de estar "empeñado en que sea una empresa privada la que nos diga cuales son nuestras necesidades", declarou Abal.
Os plans municipais pasan agora por habilitar tres piscinas e catro pistas de pádel, deportes que Abeigón ve como "minoritarios" en comparación coas disciplinas que contemplaba o proxecto inicial, paralizado por quebrar a empresa construtora encargada das obras e que se presentaba "mucho más participativo y con diferentes opciones deportivas".
Tomás Abeigón: "La política deportiva del Concello navega sin rumbo, podría definirse como adeportiva"
O voceiro da área deportiva do PP local baséase nun estudo impulsado pola Secretaría Xeral para o Deporte que indica que "sólo el 2,42% de los pontevedreses practica el pádel".
Para Tomás Abeigón as intencións do goberno municipal na Parda "refrendan que la política deportiva del Concello navega sin rumbo, podría definirse como adeportiva", unha afirmación que acompañou cunha crítica ao déficit de instalacións deportivas públicas na cidade.
Ademais destes aspectos ambos os dous representantes da oposición non comprenden a decisión de non esixir un canon anual á futura concesionaria das instalacións ou as "elevadas tarifas" que entenden fixaranse aos cidadáns.
Relacionadas:
-
O contrato das piscinas de Campolongo será prorrogado para evitar o peche
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas reclámanlle á Xunta "o orzamento escamoteado ao polideportivo da Parda"
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación nos ximnasios de Pontevedra pola competencia desleal
Por Oskar Viéitez |
-
Instan á Xunta, coa oposición do PP, a compensar a Pontevedra por paralizar o Centro Lúdico da Parda
Por Redacción |
-
Os socialistas piden o cesamento do concelleiro do PP, César Abal por "difamar"
Por Oskar Viéitez |
-
O complexo deportivo da Parda será demolido para construír tres piscinas ao aire libre e catro pistas de pádel
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |