Un coche cae á autovía de Marín dende a rotonda da autoestrada
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A autovía de Marín rexistrou un accidente ás 23.45 horas deste domingo. Un turismo que circulaba pola rotonda da autoestrada colisionar contra o quitamiedos caendo á autovía.
Como consecuencia do impacto o vehículo quedou en posición investida en metade da calzada cortando o tráfico en sentido Pontevedra.
O suceso produciuse debaixo dos viadutos que enlazan coa variante e a autoestrada, pola PO-11.
Nun primeiro momento o 112 informou que varias persoas viaxaban no interior do coche sinistrado polo que se alertou os bombeiros de Pontevedra para que procedesen a unha posible excarceración. Non obstante non se produciu intervención ningunha xa que o condutor era o único ocupante. Un home de 39 anos, que responde ás iniciais M.D.N.T., que resultou ileso
CAIDA DE MOTO
O 112 informou este luns dun accidente de moto en Marín. O motorista caeu tras cruzárselle un can.
A caída produciuse no Camiño das Sete Espadas, en Mogor sobre as 9.13 horas.
Urxencias Médicas acudiu ao lugar do suceso cunha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.