A marea sorprende un turismo aparcado no porto de Vilanova
Por Redacción
A subida da marea sorprendeu á propietaria dun turismo que deixou o seu coche aparcado nunha rampla do porto de Vilanova de Arousa.
Curiosamente non se trata de ningún turista que descoñecese o comportamento das mareas neste punto do muncipio, senón que a afectada é unha familia que veranea habitualmente na vila e que saía navegar. Os seus propietarios baixaran a rampa do porto cunha pequena embarcación de recreo.
Protección Civil e a Policía Local de Vilanova acudiron ao lugar para retirar o vehículo, un todoterreo, que non anfibio.