Bandeira vermella na praia da Lanzada
Por Redacción
Os socorristas da praia da Lanzada izaron a bandeira vermella desaconsellando o baño debido á forte oleaxe e á néboa.
Desde as 11:15 horas deste domingo está izada este sinal de advertencia despois de que os socorristas tivesen que facer numerosas saídas para rescatar a bañistas que desorientados polo denso neboeiro pedían socorro para volver á beira. Todos eles foron rescatados sen problemas.
O Servizo de Protección Civil izou a bandeira amarela ás 15:39 horas.