A humanización da rúa Almuiña comezará en setembro e a executará a empresa Oresa
Por Redacción
A empresa Oresa será a que execute as obras de humanización da rúa Almuíña. Así o determinou este xoves a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, encargada de financiar estes traballos. En concreto, a empresa ofertou afrontalas por un prezo de 316.200 euros, aos que se engaden uns 40.000 euros en melloras.
As obras tiñan un presuposto para a súa licitación de 372.000 euros e a elas as 27 empresas que se presentaron as súas correspondentes ofertas. Pasaron o primeiro corte 24 delas e despois da valoración técnica e económica resultou a adxudicataria a empresa ORESA.
O prazo de execución das obras é dun mes e medio.
O Concello de Marín autorizará á execución dos traballos unha vez que se realicen a firma do contrato e se coordine o inicio destas. Será xa finalizado o mes de agosto, para interferir o menos posible nunha zona que está destinada ás terrazas e bares do ámbito, tratando que os traballos cando se inicien teñan as menores molestias.
Esta obra finánciase integramente a través do plan de obras da Deputación Provincial. Para poder afrontala houbo que realizar numerosos trámites, entre eles obter autorización de Patrimonio, redactar un proxecto acerca do control arqueolóxico necesario e solicitar os informes dos técnicos municipais.
O obxectivo destas obras é dotar o vial dunha plataforma empedrada que unifique este ámbito co firme da Alameda, así como remodelar a zona de carga e descarga, se ben se manterán os colectores subterráneos. Estes traballos obrigarán a cortar o tráfico do vial durante varias semanas.