Luns de Pascua e o día de Santa Rosalía, festivos locais en Sanxenxo en 2015
Por Redacción
O goberno municipal pretende fixar como días festivos locais no municipio o 6 de abril, Luns de Pascua, e o venres 4 de setembro, xornada dedicada á patroa Santa Rosalía.
Trátase dunha proposta da Alcaldía que foi analizada na Comisión de Asuntos Xerais encamiñada a determinar os festivos locais para o ano 2015.
Tras recibir o visto e prace dos integrantes da comisión, os distintos grupos políticos con representación local deberán referendar o luns, na sesión ordinaria do Pleno da Corporación, o seu apoio a esta proposición.