A Garda Civil detivo un grovense por roubar gasóleo do tractor da Deputación
Por Redacción
A Garda Civil detivo a D.V.S., de 26 anos de idade e veciño do Grove, como suposto autor dun delito continuado de roubo/furto de gasóleo dun tractor da Deputación de Pontevedra.
Tras as denuncias presentadas no posto da Garda Civil do Grove polas subtraccións de gasóleo, nos meses de xuño e o actual, nun tractor empregado para a limpeza de praias estacionado na explanada da Pousada da Lanzada, compoñentes do dito cuartel do Grove, na mañá do mércores, procederon á detención do suposto autor destes feitos delituosos.
O detido, que quedaría en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número catro de Cambados, impútaselle a comisión de nove subtraccións, despois de apropiarse dun total de 900 litros de gasóleo.