A Deputación adxudica a Construcciones Abal a reforma integral do parque da Xunqueira en Vilagarcía
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou este xoves, na súa xunta de goberno, a adxudicación de melloras no Parque de A Xunqueira, en Vilagarcía, a Construcciones Abal en 318.763 euros. A obra suporá unha reforma integral do céntrico parque, cedido ao Concello en 1998 e que hoxe presenta diversas carencias e deficiencias.
Ao concurso presentaronse 40 empresas, pasaron o corte 34 e resultou adxudicataria Construcciones Abal en 318.763 euros, un prazo de execución de tres meses e melloras ofertadas en 60.000 euros.
A actuación consistirá na reposición dos pavimentos actuáis deteriorados pola acción das raíces e polo uso intenso do parque, e outras obras relacionadas co mobiliario urbán e as instalacións.
En concreto, sustituirase o pavimento dos camiños existentes, vaise retirar a pérgola na pista multiusos, construiráse un graderío de só dúas bancadas ao longo do lateral oeste da pista multiusos, e dúas bancadas corridas de graderío adosadas á parte dianteira do escenario, vaise reforzar a iluminación e dotrarase de novo mobiliario urbán.
O parque ocupa unha céntrica parcela de 13.000 metros cadrados (incluindo o último tramo do río Santa Mariña) e tén moito uso por parte de personas de todas as idades, debido, entre outras cousas, á proximidade dun centro comercial.