"La gente sigue creyendo que si te haces donante de órganos te van a matar antes"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) mostrou o seu agradecemento a todos os veciños de Pontevedra que participan nas campañas de doazón de sangue e permiten deste modo, que moitos enfermos recuperen a súa saúde.
O pasado ano 2013 houbo 3.923 doazóns na cidade do Lérez, o que supuxo alcanzar unha taxa de 47 doazóns por cada mil habitantes ao ano, unha cifra que supera en seis puntos a media galega de doazóns.
"Ademáis no último ano Pontevedra conseguiu incrementar a súa taxa de doazóns nun punto, o que é un dato excelente nun momento de retroceso xeral", indicou Angeles Pazos voceira do CTG.
A pesar deste bo dato dende a Asociación de Doadores e Receptores de ÿrganos (Adrovi), Celso García, sinala que segue habendo moitos prexuízos entre a poboación. "La gente sigue creyendo que si te haces donante de órganos te van a matar antes", comenta.
Co propósito de desterrar este tipo de ideas o Centro de Transfusión xunto ao Concello de Pontevedra e Adrovi impulsaron unha campaña de doazón que se desenvolverá este mércores con motivo do Día do Receptor.
Unha unidade móbil situarase na Ferrería, xunto á igrexa da Peregrina dende as 9:30 horas ás 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
O coordinador de transplantes do CHOP, José Luis Martínez Melgar, recalcou a importancia da doazón de órganos como exemplo de solidariedade e pediu ás familias concienciación para dar ese paso.
Relacionadas:
-
Aumenta lixeiramente o número de doadores durante 2014
Por Redacción |
-
Animan a doar médula ósea para combater a leucemia: "Se poden salvar vidas a cambio de case nada"
Por Alejandro Espiño |
-
O CHOP rexistrou o pasado ano 8 transplantes de medula ósea con células do propio paciente
Por Redacción |
-
José Luis Mártínez: 8.000 quilómetros en moto para promover a doazón de medula ósea
Por Diego Espiño |