Os socialistas piden o cesamento do concelleiro do PP, César Abal por "difamar"
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do grupo municipal do Partido Socialista, Agustín Fernández pediu o "cese inmediato" do edil do Partido Popular, César Abal, por "insinuar a existencia dun delito" no proxecto de construción das piscinas municipais da Parda.
Sucedeu durante o pleno deste luns. César Abal criticou que para a explotación das piscinas municipais de Campolongo e do Centro Lúdico da Parda non se estableza ningún tipo de canon anual a aboar pola concesionaria.
Segundo o edil popular, o Concello estase "sometiendo a los intereses privados", César Abal indicou que, co novo formato, un pontevedrés que acceda ao recinto da Parda, "deberá pagar 6,74 euros al día y 112,26 a lo largo del período estival, unos precios que dejarán fuera de este servicio a muchos ciudadanos".
"Parece mentira que yo tenga que decir esto", dixo o concelleiro do PP ao posicionarse en contra do modelo de financiamento publico-privado. "Menuda paradoja y menudo ejercicio de hipocresía por su parte que defienda esa privatización", engadiu.
Neste punto César Abal cualificou de "dedazo" a proposta do concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Fronte a isto asegurou que no PP "venimos con las manos limpias" e pediu a paralización do proxecto e ofreceu a súa colaboración para "pedir a la Xunta que haga este parque urbano", que describiu coma "el gran pulmón de la zona de A Parda".
Agustín Fernández esixiu a retirada inmediata desas declaracións que cualificou como "desvergoña inadmisible". Tino Fernández asegurou que as insinuacións do concelleiro PP son "moi graves" e preguntou ao voceiro deste grupo municipal que ratifique se o dito por César Abal é compartido polo resto de concelleiros.
Ademais o responsable municipal de deportes asegurou que o PP "pretende enganar dando datos falsos" e dixo que o concelleiro "vive nun universo paralelo e non se decata do que pasa", recordándolle que a Xunta incumpriu a súa parte do convenio asinado co Concello e a Deputación.