Colas para o tendido de sombra
Por Oskar Viéitez
Este luns arrancou a venda libre de entradas soltas para as corridas de touros da feira da Peregrina. Aínda que a apertura oficial dos despachos non estaba programada ata as 10.00 horas, algúns afeccionados facían cola dende unha hora antes para conseguir un bo sitio para asistir ao festexo.
O despacho de billetes é de 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas cuns prezos que oscilan entre os 30 euros para a corrida de picas na zona de sol do tendido alto ata a máis cara que vale 110 euros e é para unha barreira en sombra.
Durante as últimas semanas foron adquirindo as súas localidades os abonados.
As entradas que mellor estanse a vender son as da primeira fin de semana, cun cartel composto por Sebastián Castella, Enrique Ponce e Daniel Luque para o sábado día 2. O domingo seguinte os toureiros serán El Juli, Miguel Ángel Perera e Iván Fandiño. O sábado 9, día da Peregrina, será a quenda do rejoneo con Andy Cartagena, Joao Moura e Diego Ventura e xa para o último día quedan Juan José Padilla, Miguel Abellán e El Fandi.
Relacionadas:
-
Todo a punto para o inicio da feira taurina da Peregrina
Por Redacción |
-
Abolicionistas advirten do descenso de asistencia ás touradas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Louzán: "Antes de prohibir os touros hai outra vía que é dialogar"
Por Oskar Viéitez |
-
Perera, Iván Fandiño, Daniel Luque, Ponce, Castella, Abellán ou 'El Juli', atractivos da Feira da Peregrina 2014
Por Alejandro Espiño |
-
Piden que Pontevedra se declare cidade antitaurina e que se estude a expropiación do coso de San Roque
Por Alejandro Espiño |