Albariño en copa de champaña
Por Redacción
Os brindes deste Nadal 2012 poderán facerse, por primeira vez, cun viño espumoso con sabor a albariño Rías Baixas. Nos últimos anos houbo varios intentos de adegas do Salnés de sacar ao mercado caldos con uva da D.O., principalmente albariña, preparados ao estilo do cava catalán ou a champaña francesa. Con todo, esta será a primeira ocasión na que se faga baixo o paraugas da denominación de orixe.
Sete adegas do Condado-Paradanta e O Salnés teñen en marcha proxectos para que nun día sen establecer, pero, en todo caso, sempre antes das datas do Nadal cheguen ao consumidor final estes albariños cos que poder brindar en copa de champaña.
O director do departamento técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, explicou a iniciativa este luns, xusto antes de que especialistas realizasen unha cata para certificar tres destes espumosos no Pazo de Mugartegui. A semana pasada xa se certificaron outros dous e está previsto que despois da ponte da Constitución complétense ata oito, pois hai unha adega que ten dous proxectos, un en branco e outro en tinto.
Os novos produtos serán elaborados "según el método tradicional" doutros espumosos españois, isto é, nove meses de elaboración, aínda que terán as súas propias peculiaridades, que "están en la tipicidad propia de nuestros vinos, sobre todo marcado por la variedad albariño".
Outras diferenzas son a súa gradación, pois "están medio punto por encima que otros espumosos como el cava" e o prezo. Lago sinala que non quere aventurar prezos, pero serán os de "un espumoso de boa calidade", máis elevados que a media dos cavas que hai no mercado, pois "el handicap es es que el producto base es más caro que en otras zonas de España", a maquinaria utilizada é cara e, en xeral, "los costes más elevados".
"Llegar al mercado en buenas condiciones de precio será difícil", recoñeceu, á vez que engadiu que esperan que chegue ao consumidor final, pero non en moita cantidade, a produción nestes primeiros Nadais no merado será "moderada". Todos levarán na contraetiqueta 'Espumoso Rías Baixas' e logo especificarán o tipo, que, segundo o nivel de azucre, poderá ser brut nature (sen azucre), extra brut, extraseco, seco, semiseco e doce (que leva máis azucre).
Relacionadas:
-
O Nadal chega con 90.000 litros de escumosos Rías Baixas certificados
Por Redacción |
-
Nin champagne, nin cava, os escumosos de Rías Baixas buscan un nome propio
Por Oskar Viéitez |
-
Albariño con burbullas para brindar en Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Cambados namórase do albariño con burbullas
Por Redacción |
-
O gran irmán do albariño será de libre acceso
Por Oskar Viéitez |