Sanxenxo acolle unha nova edición do Campionato Mundial de Colchonetas
Por Redacción
Todo está preparado para que o próximo domingo 20 de xullo a Praia Panadeira de Sanxenxo volva a ser o escenario dunha das probas "deportivas" máis agardadas do ano na vila pontevedresa.
Por sexto ano consecutivo, celébrase o campeonato mundial de colchonetas, organizado pola Asociación Lúdica e Cultural O Cubreiro. Nesta competición os participantes non só deben amosar as súas cualidades deportivas, senón tamén o seu sentido do humor para escoller un disfraz e unha colchoneta que os distinga dos seus adversarios.
Como nas edicións anteriores, haberá tres carreiras xa que os participantes se dividirán en tres categorías. A partir das 12:30 tomarán a saida os rapaces menores de 10 anos. Un cuarto de hora despois, á unha menos cuarto da tarde, terá lugar a proba para mozos de 10 a 13 anos. A carreira de adultos está prevista para a unha e cuarto.
A continuación, e como é habitual no paseo de madeira (na zona do pub Varadero), levaráse a cabo a cerimonia de entrega de trofeos. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías, así como para os tres mellores disfraces e as colchonetas máis orixinais. Ademáis, como novidade este ano, haberá premio para o participante mais novo e premio para o de máis idade.
A organización agarda acadar o éxito de participación de anos anteriores. Na pasada edición foron preto de 200 as persoas que se animaron a participar nesta peculiar proba lúdico-deportiva.