Piden que a Fiscalía investigue as obras do Nó do Pino
Por Oskar Viéitez
Un grupo de empresarios vítimas de impagos por parte da firma adjudicatiaria das obras do nó do Pino, Obras, Camiños e Asfaltos SA (OCA), pediu a mediación do presidente da Deputación, Rafael Louzán, para que lles axude a cobrar a súa débeda.
Os responsables destas subcontratas afirman que se lles deben 1,8 millóns de euros e que a situación de impagos aboca a uns 200 traballadores a engrosar as listas do paro.
Estes empresarios trasladaron a Louzán o "tremendo prexuízo" que están sufrindo e denunciaron a "situación desleal" provocada pola Administración que non vixiou o cumprimento de OCA coas subcontratas "non podemos entender como as primeiras en incumplir a lei son as grandes empresas".
"Séntome estafado", comentou un dos empresarios, polo que pediu "que un fiscal entre a valorar isto porque eu creo que aquí non hai que aplicar o código mercantil senón o código penal", apuntou.
"O diñeiro que OCA cobrou por parte de Fomento se ha ir para Rusia onde teñen negocios, é unha desviación clara do orzamento e aquí debe haber responsables", manifestaron.
O pasado venres, nun encontro na rúa coa ministra de Fomento, Ana Pastor, asegurou coñecer o problema advertiu á adxudicataria da posible rotura do contrato e dixo que Fomento está ao corrente nos pagos.
Os empresarios pretenden que antes de contratar a outra empresa que se salde a débeda que contraeu OCA, recordemos de 1,8 millóns de euros.
"Aquí non hai que aplicar o código mercantil senón o código penal"
Pola súa banda, Rafael Louzán afirmou que este mércores viaxará a Madrid "e imos ver que é o que se pode facer" pero antes necesitará reunir máis información sobre este problema.
A reforma do nó do Pino, paralizada desde hai semanas, comezou a executarse en maio do 2010, supón un investimento de 10,9 millóns de euros. O prazo de execución venceu o pasado mes de outubro.
Relacionadas:
-
As obras do Nó de O Pino pendentes de Rusia
Por Oskar Viéitez |
-
Escavadores pontevedreses malvenden a súa maquinaria polos impagos
Por Redacción |
-
Pastor advirte "si OCA no paga tiene que renunciar a las obras del Nudo de O Pino"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello preguntará a Ana Pastor pola paralización do Nó do Pino
Por Oskar Viéitez |