Segundo o CSIC, en 2020 os vehículos sen condutor poderán ser unha realidade nas nosas estradas
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Imaxínanse un vehículo no que o volante non necesario? Nin os pedais, nin as marchas. Onde o humano sexa prescindible para conducir. ÿ a proposta na que traballa o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), un coche que non precisa condutor.
Por agora trátanse de prototipos como o que se exhibiu este xoves no circuíto París Dakart de Sanxenxo, pero en seis anos poderemos familiarizarnos coa súa presenza nas estradas, segundo explicou a investigadora do Centro de Automática e Robótica (centro mixto do CSIC e a Universidade Politécnica de Madrid) Teresa de Pedro, responsable do proxecto Autopía.
Dous alumnos cegos do Centro de Recursos Educativos da Once colaboraron na demostración deste vehículo, chamado Platero, percorrendo o circuíto de xeito autónomo grazas ao seu preciso sistema de posicionamento cuxa marxe de erro non supera os 50 centímetros. O coche está equipado cunha serie de cámaras e sensores que axudan a identificar obstáculos e a situación da calzada.
Así o constataron os participantes no terceiro Foro de Innovación Tecnolóxica na Automoción 2014, organizado polo Departamento de Automoción do IES de Vilalonga.
"Platero representa el futuro de la conducción", insiste Teresa de Pedro, "hay muchas situaciones de peligro, aburridas o tediosas que son ideales para resolver por un coche autónomo, como por ejemplo: conducir en un atasco, el conductor conecta un piloto automático y el coche va solo".
Un dos principais problemas nos que traballa a responsable do proxecto Autopía é na condución autónoma en cidade, porque "es muy complicada no por la conducción en si, sino por el entorno y todas las circunstancias". A constante evolución dos sensores, cámaras de visión, os GPS, os láser... aventuran un pronta resolución a este problema.
"Indudablemente una persona es muchísimo más flexible e inteligente para resolver imprevistos en la carretera, pero también se cansa se distrae y tiene e otros problemas que un sistema automático no sufre", explica Teresa de Pedro, que adianta que paralelamente estes investigadores traballan nun sistema de comunicación entre vehículos "para que un coche que pasa sobre una placa de hielo avise a otros vehículos del entorno", .
Este proxecto do CSIC ten a súa réplica no xigante estadounidense Google que traballa no seu propio proxecto de coche autónomo. "Google es una empresa muy poderosa que puede contratar con los mejores sistemas de investigación, dispone de mucho dinero. Pero nuestro vehículo se pueden medir al suyo, serían perfectamente homologables".
Teresa de Pedro asegura estar convencido de que todos os fabricantes de automóbiles están a investigar neste tipo de tecnoloxía para sacar os seus propios produtos, xa que "ellos saben que esto es el futuro".