"A xente está aburrida de nos, máis non nos cansaremos"
Por Oskar Viéitez
As Plataformas de afectados polas Preferentes de Pontevedra-Marín convocaron hoxe na capital os seus compañeiros de Vigo, O Morrazo e O Salnés para participar nunha protesta conxunta.
Pecharon 9 sucursais simultáneamente e ás seis da tarde, tras concentrarse na praza da Ferrería percorreron en manifestación as rúas da cidade concluíndo de novo na céntrica praza pontevedresa onde compuxeron un mosaico.
"A xente está aburrida de nos, máis non nos cansaremos", decía un dos organizadores da mobilización.
Os afectados están expectantes ante a posibilidade dun principio de acordo sobre o que hai que facer coas participacións preferentes e a débeda subordinada das entidades baixo a tutela do FROB.
O anuncio sería estes días xa que atopamonos ante a recta final da recapitalización dos bancos con fondos europeos.
Ata o comezo do arbitraje como unha das vías para solucionar casos de afectados, en Novagalicia había uns 900 millóns de euros en preferentes de minoristas e outros 900 millóns en débeda subordinada.