Acepta tres anos de prisión tras ser "pillado" cando recollía un paquete de cocaína
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Un cidadán de Venezuela, Jesús Eugenio M. R., residente en Vilagarcía aceptou unha pena de tres anos de prisión e 50.000 euros de multa, tras ser "pillado" nunha entrega controlada dun paquete de cocaína procedente de Estados Unidos.
Foi o Departamento de Seguridade Nacional de EUA quen alertou de que nunha inspección en Alfándegas se detectara un paquete con 306 gramos de cocaína. A partir dese momento, a través da Garda Civil levouse a cabo unha entrega controlada de maneira que o furgón comercial se aproximou ás inmediacións do domicilio do acusado e foi el quen reclamo a entrega do paquete. Nese momento levouse a cabo a detención. A causa que se tratou esta mañá na sección segunda da Audiencia provincial chegaba derivada dos xulgados de Vilagarcía.
O fiscal rebaixou nun ano a pena de prisión dunha petición inicial que ascendía a catro anos. A droga, segundo a Fiscalía, alcanzaría no mercado un valor apróximado aos 20.000 euros. Estudarase agora a posibilidade de substituír a pena pola expulsión do país.
OUTRO XUÍZO POR DELITO CONTRA A SAÿDE PÿBLICA
A sección segunda da Audiencia tamén tratou durante esta mañá do martes 17 outra causa contra a saúde pública. Xulgábase tres persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública ao terse aprovisionado de droga para a súa venda nas localidades de Pontevedra e Vilagarcía.
Tamén neste caso houbo acordo e os tres acusados admitiron a súa culpabilidade e aceptaron a pena de dous anos de prisión e unha multa de 5.000 euros para cada un. O fiscal rebaixou a súa petición inicial que era de catro anos de cárcere e multa de 14.600 euros.