'Namorando' axudará a alumnos de Primaria e Secundaria a manter relacións de parella sas
Por Natalia Puga
Ensinar a vivir de forma sa as relacións de parella xa dende os primeiros vínculos sentimentais na etapa escolar. ÿ o obxectivo co que nace o novo programa de Benestar Social Municipal, 'Namorando', unha serie de actividades con fins preventivos dirixidas a alumnos pontevedreses de Educación Primaria e Secundaria.
'Namorando' traballará con alumnos de Cuarto de Primaria e Cuarto de Secundaria e abordará con eles os sentimentos e as relacións co fin de establecer as bases dunha boa relación de parella no futuro, de sentar ben as bases para que eses alumnos se convertan en homes e mulleres capaces de manter relacións de parella en igualdade e sen violencia de ningún tipo.
Cos alumnos de Primaria traballarase na creación dun conto que se titulará 'Eirea e Martiño, unha historia diferente'. Tras crear a historia, se ficcionará coma se fose un curto coa participación da empresa El Espejo Mágico Producciones, do pontevedrés Juan Carlos Pérez.
Cos alumnos de Secundaria seguirase a liña de traballo iniciada no curso pasado en torno á saga Crepúsculo. O punto de partida será a frase: "Todo comeza cunha elección. A túa felicidade". Coa colaboración da psicóloga Jone Ojeda, traballarase a través de mitos de amor romántico de contos, cancións, películas ou blogs e finalmente gravarase un curto con formato documental no que os alumnos contarán como ven as relacións de parella.
Segundo explicou a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, cos alumnos de primaria a previsión é que durante o primeiro trimestre do curso 2014-2015 se faga un traballo de recollida de datos, no segundo trimestre se grave e se proxecte en abril,coincidiedo co Salón do Libro. En Secundaria empezarase a traballar en setembro co inicio do ano académico co obxectivo de finalizar en datas próximas ao 25 de novembro, conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A directora do Centro de Información á Muller de Pontevedra (CIM),Rosa Campos, resalta a importancia de programas como este porque "cada vez hai máis mulleres novas que están sufrindo violencia de xénero".
Relacionadas:
-
"Isto non é amor"
Por Natalia Puga |
-
Como manter relacións de parella dende a etapa escolar
Por Oskar Viéitez |
-
Os educadores sociais reclaman máis profesionais para educar en igualdade e contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
O reggaeton ou os vampiros de Crepúsculo poden fomentar violencia machista entre mozos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra condena os vampiros machistas de Crepúsculo
Por Natalia Puga |