O novo himno do Real Madrid, escrito polo pontevedrés Manuel Jabois
Por Alejandro Espiño
Historia que tú hiciste, historia por hacer
por qué nadie resiste, tus ganas de vencer.
Así comeza o novo himno do Real Madrid. Trátase dunha peza que se estreou na celebración da décima Liga de Campións (antiga Copa de Europa), lograda polos brancos o pasado sábado en Lisboa. Pero non se trata dunha canción composta por este motivo, senón que a intención do club presidido por Florentino Pérez é que pase a ser o terceiro himno do equipo e que sexa coreado cada quince días no Santiago Bernabéu.
Lonxe do histórico himno das 'mocitas madrileñas' ou da actualización que se realizou, con motivo do centenario do club, a través da voz do tenor Plácido Domingo, o Real Madrid buscaba, segundo o propio Florentino Pérez, que fora unha canción "que canten todos los aficionados fuera y dentro del estadio". E para logralo, o equipo madrileño recorreu a un pontevedrés, o xornalista e escritor Manuel Jabois.
El é o autor da letra deste novo himno, obra do compositor e produtor musical marroquí-sueco Nadyr Khayat, Red One. "Necesitábamos una canción fácil que la gente pueda cantar rápidamente para apoyar al equipo y es lo que hemos hecho", asegurou RedOne. E tanto, porque a súa presentación oficial se realizou cos propios xogadores do Real Madrid interpretando a canción ao estilo We are the World de Michael Jackson.
A proposta chegou a Manuel Jabois directamente dende o club, despois de que coñecesen o interese do produtor marroquí seguidor do Real Madrid dende neno, por compoñer o novo himno. "Hablaron conmigo informalmente en octubre o noviembre del año pasado", explicou o xornalista pontevedrés a PontevedraViva. "Quedamos para escuchar la música y acepté la propuesta, pero no como periodista sino como madridista".
Cando recibiu a composición de Red One, Jabois púxose mans á obra a partir dunha serie de requisitos. "El himno tenía que reflejar los valores y las sensibilidades del club, que en él se reconociese a un Madrid universal y se respetase su pasado, su historia y a un mito fundacional como Alfredo Di Stefano", afirmou. E de cara ao afeccionado tiña que ser doado de cantar en grupo e cun retrouso que reflectise a paixón coa que se vive o fútbol.
Recoñece Manuel Jabois que non se mostra moi cómodo co interese que está a espertar esta colaboración. "La canción es de Red One, el mérito es suyo", explica. "A mí me llega la propuesta porque conocían mi madridismo y que había publicado Grupo Salvaje, un libro en el que lo abordaba desde un punto de vista que les interesaba. A pesar diso asegura que poñer a súa firma a esta canción "me hace ilusión porque el Real Madrid es de lo poco que me queda de mi infancia".