O SUP concéntrase contra unha nova Lei de Persoal que deixaría a Comisaría "desguarnecida en puestos de trabajo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) saíu este venres á rúa para elevar o seu rexeitamento ao Anteproyecto de Lei de Persoal que se está redactando para o Corpo Nacional de Policía, unha nova norma da que aseguran que, no caso de Pontevedra, supoñería que "quedaría la Comisaría bastante desguarnecida en puestos de trabajo que no son operativos, pero son necesarios".
Representantes sindicais e afiliados concentráronse durante media hora ás portas da Comisaría na que foi a primeira protesta desde que este xoves o comité local do SUP formulou declaración de conflito colectivo de traballo ante o Ministerio do Interior. Trátase dunha declaración aprobada polo sindicato a nivel estatal á que se une Pontevedra para protestar pola "mala xestión da Dirección Xeral da Policía durante o ano 2013 e que continúa durante o ano en curso, padecendo a arbitrariedad e a falta de rigor na toma de decisións".
No transcurso da concentración, o secretario xeral do SUP en Galicia, José Freire, sinalou que este Anteproxecto de Lei Orgánica do Réxime de Persoal da Policía Nacional pode repercutir na Comisaría "como en todos lados", en especial se se aproba o apartado desta norma relativo á segunda actividade. En concreto, "preocupaba muchìsimo" que os funcionarios teñan que xubilarse antes por norma.
No caso da Comisaría pontevedresa, "mermaría el número de recursos" nun momento no que o catálogo de persoal "está en unos niveles de cumplimiento muy aceptables". Respecto diso, Freire recordou que hai unha "demanda histórica" para que se eleve o catálogo e afirmou que "necesitamos el incremento de funcionarios en esta plantilla".
Entre outras críticas, o SUP indicou que o anteproxecto de Lei de Persoal conta coa oposición de todas as organizacións representativas e o Ministerio do Interior non admitiu "nin un mero debate do articulado". Na súa opinión, supón un "claro retroceso" sobre os dereitos adquiridos durante estes anos.