Adolescente, o que fagas ao volante pode tener consecuencias penais
Por Redacción
- Que tipo de deberes temos que cumprir para que non se nos coarte ou dereito ao movimento?
Con esta pregunta comezou José Luis Serantes a súa intervención ante cen alumnos de primeiro de Bacharelato do instituto Sánchez Cantón. Estaba a inaugurar o ciclo de charlas sobre educación vial en centros educativos que realiza cada ano a Policía Local de Pontevedra.
Estas charlas teñen como obxectivo formar aos menores en materia de seguridade vial para previr accidentes de tráfico, coñecer situacións de risco e concienciar os máis novos da necesidade de utilizar elementos de seguridade, ademais de dar a coñecer as consecuencias dos actos irresponsables.
Para chegar aos adolescentes que lle escoitaban no salón de actos do Sánchez Cantón, este policía local deulles algún exemplo que espertou, canto menos, os murmurios e estrañeza dos alumnos.
"Como peóns podedes ter unha sanción de 200 euros por tirar algún obxecto que dificulte a circulación. Non respctar a luz vermella nun semáforo, outros 200 euros. Non respectar as indicacións dos axentes, 200 euros. Ir pola calzada cando exista unha pasasrela peonil, 100 euros".
Tan só con estas indicacións xa espertou o seu interese. Pero os alumnos prestaron especial atención ás indicacións do policía sobre as precaucións que deben ter cando conducen algún vehículo. Aos seus 17 anos algúns dos integrantes do público xa teñen ciclomotores, así que os murmurios se substituíron por silencio para coñecer máis detalles.
José Luis Serantes insistiu nas consecuencias que pode ter coller un vehículo tras consumir alcool ou drogas, pero tamén na necesidade de respectar os límites de velocidade ou o uso do caso. Alcool e drogas e as consecuencias penais de conducir baixo os efectos destes foron o principal punto de interese do público.