Para aqueles que miran para outro lado
Por Oskar Viéitez
Tras un ano sen noticias reaparece o gran Dálmata nos xardíns de Peregrina-Daniel da Sota para concienciar aos propietarios de cans sobre a recollida dos excrementos dos seus mascotas.
O concello recupera así a campaña para tratar de solucionar un dos problemas que xeran as mascotas na contorna urbana; os excrementos caninos que quedan sen recoller nos espazos públicos. Residuos que ofrecen unha imaxe negativa da cidade, dificultan as tarefas de limpeza viaria e ocasionan numerosas molestias aos cidadáns e especialmente aos xardiñeiros.
A presenza das mascotas na nosa cidade é benvida, ademais de necesaria, e por iso este peculiar ninot pasarase outra tempada paseando polas nosas rúas para sensibilizar a eses poucos cidadáns que por non facer un pequeno esforzo estropean a convivencia de todos.