Manuel Caramés, 102 anos pelexando
Por Oskar Viéitez
-Aquí estou, un ano máis pero con menos oido.
-Xa me conformaba eu con chegar ós 102 anos ainda que fora sen orella.
Así chanceaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores con Manuel Caramés, quen esta mañá con motivo do seu aniversario se achegou ata o concello para saudar o rexedor.
-Cantos anos cumpre?
- Só 102. E non tomo ningún tipo de medicación aínda que estea un pouco duro de oido.
Fai case unha década que este cotobadés trasladou a súa residencia a Pontevedra para vivir coa súa filla.
A Manuel Caramés encántalle pasear. Malia a súa idade, hai ben pouco, con noventa anos, foi nomeado presidente do grupo municipal socialista de Cotobade.
A súa carreira política empezou en 1928, ano no que ingresou na Asociación de Agricultores de Corredoira, onde naceu e creceu. Logo afiliouse ao PSOE e foi presidente da Sociedade de Agricultores e Recreo da súa parroquia, na que crearon un colexio onde ensinaban a ler e a escribir.
Coa Guerra Civil en 1937, foi chamado a filas e loitou na fronte andaluza de Peñarrama e en Cataluña. En 1949 emigró a América e regresou tres anos despois.
Coa democracia, xunto a José Laredo retomaron a agrupación socialista de Cotobade.
"Hai que pelexar polo que un quere", resumía.