Yayo Daporta será xurado da segunda edición de TopChef, o concurso de cociña de Antena 3
Por Redacción
Trala eliminación de Churra en MasterChef, a cociña pontevedresa terá un novo representante nos concursos culinarios que tanto éxito teñen na televisión. Pero neste caso non como concursante senón como xurado. Yayo Daporta será un dos tres xuíces da segunda edición de TopChef, o programa de Antena 3 no que os aspirantes non son cociñeiros afeccionados como en TVE, senón chefs profesionais.
Segundo adiantou El Confidencial Digital e confirmou hai uns minutos a propia cadea, Antena 3 e a productora do programa, Boomerang TV, elixiron ao cambadés para que substitúa ao chef gaditano Ángel León, responsable do restaurante Aponiente (El Puerto de Santa María, Cádiz) e xurado na primeira tempada, que tería comunicado hai meses a súa intención de non repetir nesta responsabilidade por problemas de axenda.
Yayo Daporta non era o único candidato que manexaba a productora para sumarse a Alberto Chicote e Susana Díaz como xurado de TopChef. Outros dous cocineros, cuxos nomes non transcenderon, tamén optaban ao posto. Pero Boomerang TV, segundo dito portal e citando fontes próximas ao programa, decantouse por el porque "dá ben en cámara, é un cociñeiro novo que se desenvolve moi ben entre cámaras, é simpático e ten boas reaccións".
Membro do Grupo Nove, malia a súa mocidade Yayo Daporta é un dos cocineros galegos de maior prestixio. Tras estudar hostelería e formarse, entre outros, en casa Solla ou El Amparo (Madrid), rexenta desde 2005 un restaurante co seu nome en Cambados, establecemento que tres anos despois logrou a súa primeira Estrela Michelín, recoñecemento que mantén desde entón.
TopChef, estreado o pasado outono en Antena 3, é un programa no que cociñeiros profesionais compiten por un premio de 100.000 euros, 30.000 deles en metálico para crear un restaurante, ao que se suma a posibilidade de editar un libro de cociña propio e contar coa asesoría de chefs profesionais no seu proxecto empresarial. A gañadora da primeira edición foi a valenciana Begoña Rodrigo.
Relacionadas:
-
De Bueu á casa de 'Gran Hermano': Hugo Pérez e a súa cabra, entran no popular concurso de Telecinco
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, en 'MasterChef': visita ás bateas do Grove e cociña con mexillóns en Pepe Vieira
Por Alejandro Espiño |
-
"A cociña galega vive un momento fantástico. Nunca houbo tanta xente facendo cousas tan interesantes"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |