Paixón pola Camelia higo
Por Oskar Viéitez
O inventario de plantas ornamentales da Estación Fitopagolóxica do Areeiro segue crecendo. O doutor Franco Ghirardi regresou a Rías Baixas para facer entrega da segunda parte dunha colección de 'camelias higo'.
Fai agora dous anos que os responsables do centro investigador pontevedrés escribiran a este farmacéutico e floricultor italiano para pedirlle que lles vendese uns poucos exemplares dos moitos que el cultiva apaixoadamente no seu xardín italiano.
A sorpresa veu coa resposta de Ghirardi, que non só se negou a vender senón que as traería el mesmo ata Pontevedra como agasallo.
ÿ tal a paixón deste reputado doutor italiano pola camelia que hoxe quixo supervisar personalmente o estado da primeira plantación realizada no ano 2010.
Carmen Salinero, presidenta da Sociedade Española da Camelia e investigadora da Estación Fitopagolóxica do Areeiro explicou que son moi poucos os exemplares de camelia higo que existen fóra da illa de Kiushu, Prefectura xaponesa de Kumamoto, antiga provincia Higo.