Rematan os traballos de limpeza de cunetas na estrada Gato Morto-Pontillón do Castro
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra rematou este martes os traballos de rozado e limpeza das beiravías na estrada provincial Gatomorto-Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido.
Os traballos consistiron na eliminación de vexetación e na limpeza das marxes da estrada, así como no perfilado das cunetas, que o mal tempo dos últimos meses deteriorara notablemente.
Estes traballos realízanse despois de que Acuaes realizase o paso de tubaxes por esta estrada provincial afectando, consecuentemente, ao firme deste vial.
Desta forma, tras os traballos de limpeza e perfilado de cunetas que realiza a Deputación, Acuaes procederá á reposición do firme danado, de forma que a estrada recupere o seu bo estado.