Pontevedra homenaxea o ex comisario Salgado
Por Redacción
Pontevedra homenaxeará ao que foi comisario xefe da Policía Nacional na provincia durante os últimos oito anos, José Manuel Salgado Rodríguez. A Comisaría está a organizar unha comida na súa honra para o próximo 30 de novembro.
A comida servirá, ao mesmo tempo de homenaxe de despedida a José Manuel Salgado Rodríguez con motivo do seu nomeamento o pasado mes de xullo como Xefe Superior de Policía da Comunidade Valenciana.
Salgado foi comisario xefe de Pontevedra entre maio de 2004 e xullo de 2012. Todas as persoas que queiran participar nesta homenaxe deben comunicar a súa asistencia (indicando número de persoas) nos teléfonos 986.86.83.37, 609 36 77 85 ou ao correo electrónico pontevedra.uprp@policia.es.
A comida será en no hotel Galicia Palace ás 14.30 horas do 30 de novembro. Os que queiran asistir deberán comunicalo antes das 13.00 horas do día 26.