Estreitan o cerco sobre o autor do atropelo de Canelas
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo estreitou o cerco sobre o autor do atropelo con fuga a unha moza ás portas da discoteca Canelas.
O sinistro de produciu na madrugada do domingo 18 de novembro e fontes oficiais confirmaron que a Policía Local xa conta cos datos do vehículo que arrastrou a moza e a continuación fuxiu do lugar.
A Policía Local mantén aberta unha investigación para localizalo unha vez que xa contan con pistas fiables sobre os seus datos.
As pescudas realizada polos axentes permitíronlles determinar que o vehículo fuxido é un Volkswagen Polo de cor vermella que no momento do atropelo estaba conducido por un mozo.
O atropelo produciuse supostamente cando unha moza cruzaba un paso de peóns situado nos arredores da discoteca Canelas. A rapaza resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital.