Voando vou: un paseo pola Ría de Pontevedra desde o aire
Por Redacción
¿Qué imaxe trasmite a Ría de Pontevedra cando se observa dende as alturas? Un vistazo sobre os concellos que percorre o río Lérez e os que limitan coa súa desembocadura ofrece unha comarca que combina modernidade e coidado ao patrimonio natural e cultural.
O fotógrafo Diego Torrado subiuse nun dos helicópteros Hughes-500 da Sexta Escuadrilla da Flotilla de Aeronaves da Armada. Percorreu dende a Escola Naval Militar de Marín ata Sanxenxo polas dúas marxes da ría e puido recoller esa panorámica, ver as últimas infraestruturas que conforman a rede viaria pontevedresa, as construccións industriais máis recentes e os enclaves de sempre, os que manteñen intacta a imaxe de Pontevedra nas últimas décadas.
O túnel do AVE ao barrio pontevedrés de Monteporreiro e a súa ponte, á que aínda lle falta o taboleiro; o recentemente construido No de Curro da autovía do Salnés; o centro loxístico do Grupo Froiz na praia de Lourido, en Poio; ou novas urbanizacións de veraneo na costa de Sanxenxo que exemplifican o pulo turístico da ría. Unha comarca en desenvolvemento e crecemento reflexada en tan só catro infraestructuras, pero que nos últimos anos deixo decenas de obras e construccións na cotorna da capital do Lérez.
O solitario faro da illa de Tambo; o singular emprazamento do colexio Sagrado Corazón de Os Praceres; as sete pontes da cidade capitalina; os piornos do vello Combarro; ou o espiritual mosteiro de San Xoán de Poio. Fan desta viaxe polas nubes unha experiencia que transportan ao observador á Pontevedra de sempre, a eses lugares emblemáticos que ningún visitante pode deixar pasar.
PontevedraViva nace ofrecendo aos seus lectores esta galería que busca recoller a esencia de todas as comarcas que vai retratar a partir de agora, sempre enfocada á súa vocación hiperlocal e á idea de que modernidade e tradición non son incompatibles e de que as novas tecnoloxías, e internet en particular, poden servir de fío condutor e de unión.
Esta viaxe polas alturas tivo como guías de excepción aos alumnos de cuarto curso da Escola Naval Militar de Marín. Pilotaba a nave o capitán de corbeta e xefe da escuadrilla de helicópteros de adestramiento da Armada, Jorge Touza, que confesou que las Rías Baixas son uno de los lugares más bonitos de España para volar.