Ence afirma que gasta case 35 millóns en persoal e proveedores de Pontevedra
Por Redacción
Segundo o balance que realiza Ence, durante o último ano os pagamentos de persoal e compras de bens e servizos a empresas do municipio de Pontevedra superaron os 34,65 millóns de euros.
"Siempre preferimos trabajar con empresas que están en el entorno de nuestros centros de operaciones", apunta o director do Centro de Operacións da compañía en Lourizán, Antonio Casal. "Ojalá podamos comprar cada vez más bienes y servicios en Pontevedra y comarca". Casal recorda, en todo caso, que "si bien estas cifras dan una idea del impacto económico de la actividad de la factoría, lo cierto es que ese impacto va más allá. Hay intangibles como la transferencia de conocimiento o los gastos que efectúan en la ciudad proveedores llegados de otros lugares o terceros países, que también los hay".
Sempre segundo os datos facilitados pola empresa en 2012, a media de gasto mensual nestes conceptos ascende aos 3,27 millóns mensuais. Ademais, nas operacións de Ence participan empresas doutros puntos da bisbarra. Un total de 16 empresas de Poio e Marín venderon os seus produtos e servizos a Ence no último ano. Facturaron a empresa máis de 5,5 millóns de euros.
Rendas distribuídas
Tan só 5 das 173 empresas de Pontevedra que traballaron con Ence nos últimos catro trimestres facturaron máis de 1 millón de euros á compañía. Trátase de compañías vinculadas ao mantemento e a enxeñaría, os servizos forestais, e as operacións loxísticas de recepción de madeira e exportación de pasta.
Unha media de dous barcos sae cada semana da Ría de Pontevedra para exportar a produción da factoría pontevedresa, principalmente con destino ao Norte de Europa onde é convertida, finalmente, na súa maior parte, en papel tisú.