Ferida de gravidade unha muller nun accidente de tráfico nas proximidades da prisión da Lama
Por Redacción
Unha traballadora da cafetaría do centro penitenciario da Lama resultou ferida de gravidade tras sufrir, sobre as 13.30 horas, un aparatoso accidente de tráfico nas proximidades da prisión.
A muller de 27 anos sufriu feridas nas pernas debido a que o vehículo que pilotaba golpeou o gardarraíl da calzada de acceso ao centro penitenciario. O quitamedos atravesou a porta causándolle danos nas tibias. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e o equipo médico da prisión ofreceu as primeiras atencións á condutora. Posteriormente foi trasladada por unha ambulancia ata o Hospital Montecelo de Pontevedra.