Dúas comisións para a nova etapa de María Biempica como concelleira non adscrita
Por Redacción
A concelleira María Biempica, que abandonaba nas últimas horas o grupo municipal do Partido Popular para pasar ao grupo de non adscritos, asistirá a dúas comisións ata o final deste mandato. Con esta decisión, a concelleira seguirá cobrando a mesma cantidade que viña recibindo como membro no Partido Popular: 150 euros polo posto de edil, 60 euros por asistencia a unha comisión e 200 por pleno.
Na xunta de voceiros da mañá deste xoves 24 de abril decidiuse, segundo o alcalde para "garantir a proporcionalidade", que o Partido Popular cedese un dos tres representantes que lle corresponde nas comisións de Urbanismo e de Réxime interno, nas que interviría a concelleira non adscrita. O voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, indicou que "creo que todo lo que sea facilitar el derecho a la participación política, desde luego, por nuestra parte está abierto. Cedemos un concejal en cada una de esas dos comisiones para que ella pueda participar".
Moreira sinalou que existía "cierta preocupación por el hecho de que el acta no sea devuelta al partido pero estamos en un partido libre y se respeta la decisión". O voceiro afirma que recibiu o respaldo do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, do presidente provincial, Rafael Louzán e do presidente local do partido, Telmo Martín tras as críticas efectuadas por María Biempica. E concluíu asegurando que "el grupo municipal que tenemos hoy es más competitivo que el que yo recibí hace dos años".
Pola súa banda, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, indicou que a decisión da concelleira se fará efectiva no pleno deste luns 28 e engadiu que "se quere intervir en todos os puntos, poderá intervir". O rexedor volveu insistir en que "a situación do PP en plena descomposición non é boa para a cidade".
María Biempica xa ten aberta unha paxina en Facebook para recibir suxerencias e atender as peticións dos cidadáns.
Relacionadas:
-
María Biempica, "caso cerrado" para o Partido Popular
Por Oskar Viéitez |
-
César Abal acusa a María Biempica de que "su objetivo no es otro que tener un salario"
Por Redacción |
-
María Biempica presenta a súa baixa como concelleira do Partido Popular
Por Redacción | Creada e actualizada
-
María Biempica volve marcar distancias cos seus compañeiros de partido
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |