Dous menores feridos tras ser atropelados nun paso de peóns en Vilagarcía
Por Redacción
Dous nenos, de 10 e 11 anos, resultaron feridos na mañá deste xoves tras ser atropelados nun paso de peóns na parroquia de Vilar, en Vilagarcía de Arousa.
O suceso tivo lugar na estrada PO-192 pouco antes das nove da mañá, cando os menores se dirixían a coller o autobús escolar.
O servizo de emerxencias do 112 recibiu a alerta ás 8:46 horas, mobilizando a efectivos de Policía Local, Protección Civil e 061.
Estes últimos trasladaron os dous menores ao Hospital do Salnés.