Obras e infraestruturas de Sanxenxo arranxa o pavimento do vial de punta Montalvo
Por Redacción
O concelleiro de Obras e Infraestruturas de Sanxenxo, Tino Sanmartín, confirmou o inicio dos traballos destinados a mellorar o pavimento do vial que da acceso á área situada ao sur de Punta Montalvo.
Tal e como explicou o edil, a pesar de que o firme da estrada dispón na maioría do trazado "é necesario repoñelo xa que con elo contribuiremos a mellorar o servizo a unha ampla zona de vivendas".
Esta actuación, que conta cun presuposto que ascende a 39.799 euros, levará consigo a roza e limpeza das cunetas e das marxes do vial, a escavación en desmonte de áreas localizadas, a apertura de caixa da plataforma existente, a dotación de zahorra artificial e a subministración dunha capa de rodadura con mestura bituminosa en quente.
A Concellaría de Obras e Infraestruturas xestionou ante a Xunta de Galicia o financiamento necesario para levar a cabo esta intervención, a través do programa de mellora de camiños de titularidade municipal da Consellería do Medio Rural e do Mar.