Liberan a un neno que quedou atrapado pola cabeza entre dous barrotes dun valado en Cuntis
Por Redacción
Efectivos de Protección Civil de Cuntis liberaron este luns a un menor que quedou atrapado tras meter a cabeza entre os barrotes dunha reixa dun xardín, situado pola parte de atrás do balneario desta localidade.
Segundo informaron, tiveron que cortar un dos barrotes para poder liberar ao rapaz que, afortunadamente, resultou ileso.
O 112 Galicia tras recibir a alerta dos efectivos de Protección Civil, ás 19:12 horas do luns, informou á Policía Local.